A entrada de hoxe trata sobre o uso que lle damos ao ordenador, eu, en particular, úsoo para case todo: realizar as actividades do colexio, informarme de forma mais rápida e precisa do que está acontecendo no mundo e, como non, ao ocio.
Máis ou menos o 90% do tempo que paso frente a este aparello é grazas a internet, (o 10% restante pasomo xogando ao pinball do Windows xp). As páxinas que frecuento son redes socias do momento, como Instagram, aplicación na que podes subir fotos que che gustan e ver as que suben os teus amigos, Twitter, rede na cal escribes textos que che interesen (non máis de 140 carácteres) para que aparezan na túa interfaz e os poidan ver os teus seguidores (followers). E por último a rede que frecuento diariamente e que persoalmente máis me gusta, Youtube, onde podes ver todos os vídeos que queiras e que suben outras persoas.
Estas son unhas das vantaxes que teñen o ordenador e internet, pero tamén ten bastantes desvantaxes coma o posible roubo de información e fotografías ou que nos volvamos adictos a eles e perdamos moito contacto coa realidade.
Eu penso que nun futuro todas as persoas da Terra estaremos conectados a través de internet e a tecnoloxía terá un avance moi grande.
Con esta entrada prentendo incitarvos ao uso deste aparello, pero con moderación, que é moi adictivo!
Un saúdo!!